O
vindeiro Sábado 19 de Xullo, no Centro Cívico de Feáns, a
Asociación Kanguras, Criando en brazos, celebraremos unha xuntanza
de fin de temporada. A partires das 12.30 da mañán, a cousa é
verse, levar comida para compartir. O evento é aberto e de balde. Se
inclúen as seguintes iniciativas:
- Gratiferia, trae todo o que estexa en bon estado e queiras que outra persona o reutilice, roupa, libros, xoguetes, cousas da casa. Tes que facerte cargo de que traes ao terminar o día, non temos sitio para almacenar.
- Troco de sementes. Trae sementes da túa horta para intercambiar.
- Recollida de firmas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. Como fedatarias da ILP, as Kanguras recolleremos firmas das personas que queirades mostrar o voso apoio á iniciativa.
0 comentarios:
Publicar un comentario